Realizouse este luns 31 de marzo diante da Secretaría Xeral de Política Lingüística
A CIG-Ensino convocou este luns 31 de
abril unha nova concentración co profesorado CELGA diante da Secretaría
Xeral de Política Lingüística para denunciar a actuación da Consellaría
de Educación que decidiu despedir a estes docentes despois de reclamaren
a regularización da súa relación laboral coa Xunta. Esta concentración
prodúcese na véspera de que se inicien o cursos preparatorios para obter
os CELGA que até este ano impartía este profesorado en paro.
Esta concentración súmase as xa realizadas con anterioridade
pola CIG-Ensino encamiñadas ao recoñecemento dos dereitos laborais do
profesorado colaborador que impartía cursos preparatorios. “A esta
altura a CIG-Ensino -explica Anxo Louzao, secretario nacional da
CIG-Ensino- xa sabemos que a Consellaría de Educación está tendo moitas
dificultades para conseguir profesorado en activo que queira impartir os
cursos como horas extras. Temos coñecemento de que están recorrendo a
persoal non docente, que teña a titulación de galego ou de galego
portugués, e incluso está dicíndolle aos concellos que busquen eles
profesor/a”, engadiu.
A CIG-Ensino tamén acudiu o pasado venres á EGAP, en Santiago, para intentar persuadir ao profesorado que accedeu a impartir os cursos e que foi convocado pola SXPL para ese día. “Alí mesmo puidemos comprobar que non chegaban a trinta as persoas que aceitaron o convite da SXPL, unha cifra coa que non poderían cubrir a totalidade de cursos que ofertan”, engadiu Louzao. A CIG-Ensino tamén convocou para a tarde deste luns 31 asembleas informativas nos seus locais co profesorado afectado para abordar propostas de actuación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario