xoves, 18 de xullo de 2013

Toda a oposición, agás UPyD, comprométese a derrogar a Lei Wert

PSOE, Esquerda Plural, CiU, PNV, Amaiur, ERC, BNG, Geroa Bai, CC e Compromís-Equo comprometéronse este mércores a derrogar a Lei Orgánica de Mellora de la Calidad Educativa, a polémica Lei Wert, se nas vindeiras eleccións xerais acadan unha maioría suficiente. O acordo escenificouse no salón das Comunidades Autonómas do Senado, onde se está celebrando o pleno do Congreso, como resposta ao desenvolvemento das sesións de tramitación desta contrarreforma educativas, nas que o Partido Popular foi botando abaixo sistematicamente todas as emendas presentadas polos demais grupos.
Estas formación salientan que "determinadas leis", coma as de carácter educativo, "necesitan dunha ampla transversalidade de carácter ideolóxico"
Participaron todos os grupos da oposición, agás UPyD, Foro Asturias e UPN. O acordo foi asinado por Alfredo Pérez Rubalcaba, Josep Antoni Duran Lleida; (CiU), Aitor Esteban (PNV), Caridad García (Esquerda Plural), Xabier Mikel Errenkondo (Amaiur), Joan Tardá (ERC), Olaia Fernández (BNG), Ana Oramas (CC), Joan Baldoví (Compromís) e Uxue Barkos (Geroa Bai). Os partidos acordaron que no primeiro período de sesións da próxima lexislatura traballarán para elaborar unha lei que conte "co máximo consenso" parlamentario e da comunidade educativa. E salientaron que "determinadas leis", coma as de carácter educativo, "necesitan dunha ampla transversalidade de carácter ideolóxico".
O texto consensuado denuncia que a lei supón "un ataque á igualdade de oportunidades", un "retroceso na equidade e a calidade da educación" e "unha clara transgresión das competencias das Comunidades Autónomas, chegando mesmo nalgúns casos á alteración do sistema lingüístico educativo". Para a portavoz do PSOE no Congreso, Soraya Rodríguez, a firma deste acordo é "o certificado de defunción da LOMCE", unha lei que "nacía morta, sen o consenso e o acordo necesario"

Ningún comentario:

Publicar un comentario