luns, 22 de xullo de 2013

Os Cadernos Ramón Piñeiro homenaxean a Rosalía de Castro no 150.º aniversario de “Cantares gallegos”

O pasado xoves presentouse na Biblioteca Ánxel Casal o volume número XXVI dos Cadernos Ramón Piñeiro, unha homenaxe á autora dos "Cantares gallegos" no 150.º aniversario da súa publicación, que leva por título "Rosalía na cobiza do lonxe".
Este volume dos Cadernos Ramón Piñeiro -coordinado polos profesores Xosé Luís Cochón, Luís Alonso Girgado e mais por Lorena Domínguez- é un conxunto de catorce colaboracións de especialistas na obra de Rosalía de Castro precedidas dun fermoso texto de Álvaro Cunqueiro.
Ana Acuña, Carmen Blanco, Luís Cochón, José Ángel García, María Pilar García Negro, Anxo González Fernández, Arcadio López Casanova, Xurxo Martínez González, Marina Mayoral, Armando Requeixo, Manuel Rodríguez Alonso, Claudio Rodríguez Fer e Andrés Torres Queiruga analizan aspectos diversos da poesía, da biografía, do contexto cultural, das relacións con outros escritores etc. Deste xeito, a diversidade de enfoques e de motivos danlle amenidade e interese a esta colectánea rosaliana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario