Os novos internautas mostran un maior interese pola cultura e as tendencias, fronte á política, a economía ou os deportes á hora de escribir, segundo os datos recollidos pola plataforma de comunicación colaboradora 'Beevoz' de Universia, sobre o comportamento dos seus usuarios online.
Así, o estudo apunta que o 34 por cento dos seus internautas
escriben sobre música, cine, teatro, fotografía; e o 25 por cento,
céntrase en temas que son tendencia; seguidos dun 15 por cento de
usuarios aos que lles interesa os temas relacionados coas Ciencias e a
Saúde; e un 9 por cento, que prefire escribir sobre Tecnoloxía.No lado oposto, a política, a economía (co 6 por cento) ou o deporte (5 por cento) sitúanse como os temas sobre os que menos escriben os usuarios de 'Beevoz'.
A plataforma subliñou que os internautas "te ganas de escribir e o fan con asiduidade", tal e como demostran os máis de 10.000 artigos xerados durante o primeiro ano de vida de 'Beevoz', con presenza en 22 países.
Outra das características que revela o estudo é que o 40 por cento dos internautas acceden á plataforma, consumen e comparten o contido a través das redes sociais e, principalmente, mediante teléfonos móbiles e tablets, dende os que procede o 45 por cento do tráfico que recibe 'Beevoz'.
Ningún comentario:
Publicar un comentario