Por só un euro ao mes podemos
contribuír a afortalar Irmandade.tv e Radiofusión, medios 100% en galego
que pulan polo espallamento da lingua e da cultura galega.
Irmandade TV e Radiofusión están a impulsar unha iniciativa chamada
"Herdo novo" que ten a ver coa investigación e difusión do noso pasado
como pobo. Queren poñer o seu grao de area para que as actuais
xeracións deixen de herdanza a fillos e netos (o herdo novo) unha
lingua viva, un idioma forte e falado tamén en ámbitos urbanos. Para
iso, lanzan esta campaña de busqueda de recursos para mellorar o equipo
técnico de Irmandade Tv e mais para facer fronte aos gastos de persoal
de Radiofusión.
Están a buscar 2000 colaboradores que acepten aboar un euro mensual para
esta causa. Para se dar de alta hai que pór o número do Documento de
Identidade e mais o número de conta, autorizando a que che saquen un
euro mensual. Non hai comisións bancarias e vai todo para Irmandade Tv e
Radiofusión.
Desde A Mesa apoiamos totalmente esta iniciativa e chamamos máis
unha vez á implicación cidadá para afortalar os medios de comunicación
en galego.
Tedes máis información desta campaña aquí:
https://www.teaming.net/herdonovo
Ningún comentario:
Publicar un comentario