luns, 26 de novembro de 2012

Blogger actualiza e galeguiza as súas aplicacións móbiles


Os usuarios que teñen un blog en Blogger e que desexen publicar en mobilidade poden aproveitar as aplicacións oficiais para iOS e Android do servizo de bitácoras de Google, que chegaron xa á súa versión 2.0. Esta nova versión incorpora numerosas funcións, como soporte de vista panorámica ao escribir unha nova publicación, a posibilidade de compartir en Google+, permitir ver a data de publicación dunha nova entrada e, moi especialmente, engadir o soporte de iPad, de xeito que a versión para iOS é universal.
Cómpre destacar que a nova aplicación tamén está localizada a máis de 30 linguas, entre as que non faltan o éuscaro, o catalán e o galego (aínda que non atopamos o xeito de empregar o galego baixo iOS, e en Android só funciona nos terminais que poidan configurarse en galego).

Información tirada do xornal dixital Código Cero.

Ningún comentario:

Publicar un comentario