luns, 23 de xaneiro de 2012

Valentín García asistiu ao encontro institucional cos homólogos do País Vasco, Cataluña e Navarra

O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Valentín García, asistiu a un encontro celebrado en Bilbao cos membros españois que participan, xunto con Galicia, na Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística en Europa (Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD).
Na xuntanza os temas que se trataron centráronse na participación dos catro gobernos na NPLD, así como no seguimento dos proxectos que ten en marcha esta rede, nos que tamén participa a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
A NPLD centra o seu traballo na cooperación e no traballo a prol da promoción da diversidade lingüística no contexto europeo. Para isto, constitúese como unha rede paneuropea que integra un total de 28 entidades, entre as que se inclúen gobernos, organismos e asociacións que teñen como cometido a promoción da diversidade lingüística no contexto dunha Europa plurilingüe.

Máis información dentro do web da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Ningún comentario:

Publicar un comentario