luns, 23 de xaneiro de 2012

A plataforma Weemba.es traduce ao galego un vídeo que indica como solicitar un préstamo en internet

Con esta iniciativa, a firma pretende acadar “un maior achegamento á poboación galega”, líder por certo en solicitude de préstamos por internet no 2011, con máis de 5 millóns de euros do total dos 125 millóns rexistrados en Weemba.es.
O vídeo mostra as claves para solicitar un préstamo na rede e a maneira de obter as que segundo afirman son “as mellores oportunidades de financiamento”, de xeito rápido e doado.
Esta plataforma foi seleccionada polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio para fomentar o uso do DNI electrónico no sector privado, e mostrar tanto as súas posibilidades como as súas vantaxes, no marco do Plan Avanza 2.
Deste xeito, as persoas interesadas en solicitar un préstamo por internet, ademais de facelo de maneira segura co seu DNI electrónico, pódense rexistrar nesta web cos certificados dixitais máis habituais, como o da FNMT, os das cámaras de comercio (Camefirma) e tamén co certificado idCat, que emite CatCert, a Axencia Catalá de Certificación.

Información tirada do xornal dixital Código Cero

Ningún comentario:

Publicar un comentario