venres, 13 de xaneiro de 2012

Convocatoria de cursos preparatorios para as probas dos Celga 1, 2, 3 2 4

O DOG do 9 de xaneiro de 2012 publica a orde pola que se anuncian cursos preparatorios para as probas dos certificados de lingua galega (Celga) 1, 2, 3 e 4. Os cursos preparatorios son voluntarios e gratuítos, e esta convocatoria vai dirixida a particulares e colectivos de Galicia. O prazo para inscribirse nos cursos é ata o 30 de xaneiro.
Así mesmo, na mesma orde tamén se informa das datas das vindeiras convocatorias dos exames para obter os certificados de lingua galega (serán os días 2, 3, 9 e 10 de xuño para os niveis Celga 4, 2, 3 e 1, respectivamente), e do prazo para matricularse nos exames (ata o 3 de abril).

Convocatoria completa en:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120109/AnuncioC3F1-291211-10333_gl.html

Páxina de información sobre os Celga no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística:
http://www.xunta.es/linguagalega/celga

Ningún comentario:

Publicar un comentario