A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) organiza a xornada Letras Galegas e Internet no Centro Multimedia de Galicia. A SXPL quere aproveitar a coincidencia da festividade das Letras Galegas co Día de Internet para contribuír a difundir entre a sociedade os novos recursos lingüísticos dispoñibles a través da rede.
A xornada terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro xoves 19 de maio, e contará con expertos que falarán do software libre, dos dicionarios en liña, de recursos educativos, etc. Poderase seguir por internet en directo, das 10:30 ás 13:30 h, en www.cmg.xunta.es/emision/directo/directo.htm
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas_e_internet
http://www.xunta.es/linguagalega/arquivos/xornadasgalegas_Programa.pdf
Ningún comentario:
Publicar un comentario