Un total de 85 entidades xa forman parte da Rede de Dinamización Lingüística, unha iniciativa coa que a Xunta de Galicia busca promover a coordinación das actuacións de fomento do uso do galego desde o ámbito municipal e aumentar a efectividade destas.
Por outra banda, o próximo mes de xuño a Secretaría Xeral de Política Lingüística ten previsto organizar as primeiras xornadas de formación da Rede de Dinamización Lingüística. Esta iniciativa, que se desenvolverá en varios días, constará de diversos seminarios dirixidos aos representantes técnicos dos concellos adheridos á Rede. O programa, que incluirá contidos específicos sobre o funcionamento da Rede, afondará nos conceptos, fases e estratexias da planificación lingüística.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1830
Ningún comentario:
Publicar un comentario