luns, 16 de maio de 2011

O profesorado de infantil dispón de novos materiais para traballar a competencia lingüística en galego do alumnado

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou tres curtas de animación coas que a secretaría xeral pretende facilitarlle novos recursos ao profesorado de infantil para traballar a competencia lingüística en galego do alumnado. Trátase dos contos Os sete cabritos, A pota que trota e Fiz, o coleccionista de medos, que están acompañados dun CD cunha proposta didáctica.
A secretaría xeral enviaralles estes materiais audiovisuais, producidos por OQO editora, a todos os centros educativos de Galicia que imparten educación infantil, segundo anunciou hoxe Anxo Lorenzo no marco dos VIII Encontros de Educación Infantil de Galicia, en Santiago de Compostela, nos que participan 500 profesores e profesoras.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1824

Ningún comentario:

Publicar un comentario