luns, 16 de maio de 2011

Agasallo sincronizado para o mundo

O colectivo GalegoLab promove Agasallo sincronizado para o mundo, que ten como obxectivo conseguir que o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, o galego se escoite de xeito sincronizado nos cinco continentes. Trátase de que, a partir dunha mesma partitura, todos/as os/as artistas que o desexen fagan a súa propia versión e a poñan á disposición do público en YouTube.
Deste xeito, o vindeiro 17 de maio todos poderemos compartir cos nosos coñecidos a versión que máis nos guste, provocando unha distribución en rede que permita que o galego se escoite ese día nos cinco continentes.

Máis información en:
http://galegolab.org/proxecto-realizado/agasallo-sincronizado-para-o-mundo-1/
http://codigocero.com/En-marcha-unha-proposta-para

Ningún comentario:

Publicar un comentario