Alumnos e alumnas de educación secundaria que estudan galego en Cataluña grazas ao proxecto Galauda pasan unha semana en Galicia para completar a súa actividade académica. Trátase dos estudantes do IES Sant Just Desvern de Barcelona, que foron recibidos polo responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Durante o acto de benvida o secretario xeral transmitiulles aos rapaces e ás rapazas que “saber galego é un valor engadido, xa que coñecer novas linguas supón unha riqueza e unha oportunidade, amplía o universo de comunicación e constitúe unha ponte que facilita o acceso a outros idiomas e culturas”. Así mesmo, incidiu nos principais obxectivos do proxecto Galauda, que son “fomentar o respecto ás linguas e ás culturas entre os adolescentes, promover a diversidade lingüística e cultural e favorecer a percepción do plurilingüismo como unha riqueza”.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1828
Ningún comentario:
Publicar un comentario