martes, 5 de febreiro de 2013

Folga no ensino contra a mercantilización e españolización dun servizo público

Folga no ensino contra a mercantilización e españolización dun servizo público


"Apostar por un ensino público de calidade é apostar, ao mesmo tempo, por unha sociedade xusta e democrática. Nas antípodas da defensa do carácter público do ensino está o modelo educativo do Partido Popular, inspirado nun proxecto profundamente reaccionario e que ten a única intención de converter o ensino nun privilexio". Baixo esta reflexión, esta cuarta feira haberá unha folga no ensino impulsada por diferentes organizacións estudiantís co apoio de sidicatos e colectivos de pais e nais. Trátase de plantar cara á unha aposta do PP por desmantelar o ensino como servizo público.
A folga é unha mostra da unidade do tecido da comunidade educativa á hora de rexeitar o plan de Wert, o ministro de Educación. Desde os Comités, Dani Candal sinala que "o conxunto de medidas educativas do Partido Popular ten como obxectivo endurecer as condicións de acceso e tamén de permanencia, non só na universidade senón no conxunto do sistema educativo. Por exemplo, a LOMCE, dunha maneira resumida, é un campo de obstáculos ao longo de todas as etapas educativas coa finalidade de expulsar canto antes do ensino os mozos e mozas".
Na mesma liña está a Liga Estudiantil Galega, para a cal a LOMCE non vai só contra os intereses da comunidade educativa, senón da sociedade en xeral e de Galiza, "O movemento estudantil ten a posibilidade de vertebrar unha alternativa no marco do ensino e nese sentido hai que seguir camiñando para que esas mobilizacións que teñen moito éxito, mais que son puntuais, sexan sistemáticas e que efectivamente planten cara ao poder e logren verificar na práctica as nosas reivindicacións cara á un modelo de ensino ben diferente".



Ningún comentario:

Publicar un comentario