mércores, 29 de maio de 2013

A Consellería de Educación négase a conmemorar o Día de Rosalía no calendario escolar

A CIG-Ensino afirma que a Consellería de Educación “negouse taxativamente” a que no apartado das conmemoracións do calendario escolar apareza como data a celebrar o Día de Rosalía, 24 de febreiro. Mais no calendario si aparece o día dos Dereitos do consumidor.
A central nacionalista entende que “só nunha permanente actitude de rexeitamento de todo o relacionado coa nosa lingua, nunha negativa a potenciar o uso do noso idioma, no autoodio podemos explicar esta actitude de Educación”
Horario excesivo
Noutra orde de cousas, a CIG-Ensino propuxo que o curso escolar comezase os días 12 e 17 de setembro e lembroulle á administración que na Galiza hai un horario escolar que “supera en moitas horas o de países que sempre se sitúan como modelos en materia de Educación. De acordo cos datos que figuran na propia páxina do MEC, en Galiza o alumnado de Secundaria ten 1050 horas lectivas, fronte ás 868 de Finlandia, as 983 de Francia e as 973 de Alemaña. En Primaria tamén o alumnado galego, con 875 horas, supera as 621 de Finlandia, as 714 de Alemaña e mesmo as 872 de Francia”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario