mércores, 1 de xuño de 2011

Solicitan no Senado “TV sen fronteiras” para o catalán, o galego e o vasco

O presidente de Acció Cultural do País Valencià (ACPV), Eliseu Climent, pediulle ao Estado que aplique a Carta Europea das Linguas que permite a interconexión entre radios e televisións públicas que se expresan en catalán, galego e vasco. Climent solicitoulle ao Estado, ante a Comisión de Cultura do Senado, que aprobe a iniciativa lexislativa popular (ILP) “Televisión sen fronteiras” para permitir a interconexión entre radios e televisións públicas que se expresan en catalán, galego e vasco. Na súa comparecencia precisou que a ILP ten o apoio de 650.000 persoas do mundo universitario, dos sindicatos e dos grandes intelectuais.

Máis información en:
http://www.xornalistas.com/novidades/nova.php?id=8253&lg=gal
http://www.galiciahoxe.com/comunicacion/gh/piden-no-senado-tv-sen-fronteiras-catalan-galego-vasco/idEdicion-2011-05-27/idNoticia-673194/
http://www.acpv.cat/ajudemacpv/actualitat/el-senat-debat-el-projecte-de-llei-televisio-sense-fronteres

Ningún comentario:

Publicar un comentario