O programa Bocaberta 2010-2011 da Secretaría Xeral de Política Lingüística celebrou na semana das Letras Galegas os seus últimos días de actividades dirixidas a promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos. Propostas musicais para adolescentes (Detrás da canción), de banda deseñada (Galimatías e Ti creas a historia) e de monicreques para os máis pequenos (Vive os contos) serviron para pechar a axenda dunha edición conformada por 747 accións de dinamización lingüística para todos os concellos de Galicia.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1839
Ningún comentario:
Publicar un comentario