xoves, 22 de agosto de 2013

Catro colexios que segregan por sexo recorren a decisión da Xunta

O Goberno galego decidiu suprimir novos concertos tras a última sentenza do TSXG.

  • Educación renova os concertos con colexios que segregan 

    Fomento de Centros de Ensino, entidade vinculada ao Opus Dei e titular dos colexios Peñarredonda, Montecastelo, Montespiño e Las Acacias, recorrerá a resolución da Xunta pola que se nega o concerto educativo en primeiro de primaria a estes catro centros que segregan os alumnos en función do seu sexo. O Goberno galego decidiu suprimir novos concertos tras a última sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que considera ilegais as axudas a estes colexios. Malia iso, Educación mantén as subvencións nas unidades didácticas que xa existían o pasado curso. A patronal destes colexios ultrarreligiosos non só oponse á negativa da Xunta, tamén recorreu ante o Supremo o fallo do Tribunal Superior.
    En declaracións a Europa Press, o director do colexio Montecastelo de Vigo, José Manuel Rodríguez Lago, defendeu que o fallo do TSXG fai referencia a unha orde de 2009, e que actualmente o "escenario xurídico cambiou". Recordou que a Lei de Presupostos di explicitamente que os centros de educación diferenciada teñen "os mesmos dereitos" a recibir concerto "que calquera outro". E lamentou que a retirada das axudas públicas prexudique a "os " pais que escolleron ese colexio" e teñen o dereito fundamental de optar "libremente". O director de Montecastelo defendeu os "excelentes resultados académicos practicamente o 100% de aprobados" en exames de selectividade, destes centros que poñen o alumnado "ás portas da universidade". Os catro centros remitiron un comunicado á prensa no que manifestan a súa "desconformidade" coa Xunta por unha decisión que "afecta gravemente ás familias". Recorda que a Constitución "garante o dereito dos pais a educar os seus fillos segundo as súas propias conviccións" e escoller o centro "que consideren máis conveniente".

    "Respecto á liberdade"

    Finalmente, a patronal educativa vinculada ao Opus Dei confía en que a Xunta "respecte un modelo educativo que contribúe á mellora do sistema", igual que "noutros aspectos mostrou o seu respecto á liberdade dos cidadáns". Tamén onte, o PP a través do seu deputado Román Rodríguez reprochou que PSOE e AGE critiquen "o mesmo sistema de educación diferenciada" vixente en Andalucía, onde gobiernam socialistas e Esquerda Unida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario