O temario da materia de Relixión recentemente publicado no BOEy
elaborado pola Conferencia Episcopal Española contén perlas, para os
nenos de seis anos, como as seguintes: "Ensinar a recoñecer que non hai
felicidade sen Deus", actividades que inciten a que expresen con
palabras propias o asombro polo que Deus fai" ou, nunha pirueta
lingüística digna do mellor trapecista, memorizar e reproducir fórmulas
sinxelas de petición e agradecemento", o que dá luz verde a que se
poidan recuperar os rezos nas aulas. En canto aos alumnos de
Bacharelato, serán examinados sobre "a orixe divina do cosmos", o que
podería provocar situacións surrealistas no exame de Física e Química
sobre tal cuestión.
Con todo, nun alarde de hipocrisía impropio dos valores que di
representar, ao voceiro da CEE lle parece "insuficiente" o tratamento da
materia na educación pública, omitindo unha vez máis o artigo do
concordato asinado hai 36 anos que reza (nunca mellor dito) así: "A
Igrexa católica declara o seu propósito de lograr por si mesma os
recursos suficientes para a atención das súas necesidades". Ata cando
teremos que soportar esta cruz? (incluíndo a da declaración da renta).- Daniel García Delicado
Ningún comentario:
Publicar un comentario