1. O obxectivo do concurso é contribuír á creación e difusión de
traballos audiovisuais escolares no ámbito da normalización lingüística.
2. Poderán concursar os traballos realizados nos centros de ensino de
Galicia que conten coa participación de alumnado das etapas infantil,
primaria, secundaria obrigatoria ou secundaria postobrigatoria
matriculado no curso 2014-2015.
A temática dos audiovisuais xirará en torno á promoción do uso da
lingua galega en calquera ámbito e con calquera focaxe, xénero, etc.
Quedarán excluídos os traballos que non traten deste tema. Ademais será
requisito que o contido do audiovisual se vincule dalgún xeito con
Santiago de Compostela.
Os traballos estarán en soporte dixital, non poderán exceder de 10 minutos de duración.
3. A participación no concurso formalizarase ao presentar no Rexistro
Xeral do Concello de Santiago de Compostela unha copia do audiovisual
xunto coa ficha de inscrición segundo o modelo anexo a estas bases e
unha relación de todas as persoas participantes no traballo na que
conste a vinculación ao centro, se é o caso. Admitiranse tamén os
traballos presentados noutros rexistros ou enviados por correo postal
sempre que se cumpran os requisitos esixidos pola lexislación de
procedemento administrativo.
Ademais, de xeito paralelo, deberá enviarse unha copia da mesma ficha
de inscrición e, de ser posible, do traballo presentado, ao seguinte
enderezo electrónico do Departamento de Lingua Galega do Concello de
Santiago, dlg@santiagodecompostela.org, co fin de facilitar a
incorporación de todos os audiovisuais ao espazo de difusión que se cree
para a valoración do público.
A inscrición será formalizada polo representante legal do centro escolar en nome deste e do equipo que realizara o proxecto.
Non se establece límite ningún no número de traballos que pode presentar cada centro.
4. A propiedade dos traballos permanecerá nos seus autores, que
deberán contar coas autorizacións que cumpran en materia de protección
da propiedade intelectual para o material que utilicen así como cos
permisos legalmente esixibles para a gravación e difusión das imaxes que
empreguen, especialmente de persoas menores de idade.
A participación no concurso implica a cesión dos dereitos para
difundir os traballos presentados no ámbito da normalización da lingua e
da promoción desta actividade por parte do Concello de Santiago.
5. O prazo para a entrega dos traballos remata o 2 de maio de 2015.
6. Establécense as seguintes categorías de participación:
Infantil
Primaria
Secundaria obrigatoria
Secundaria postobrigatoria
7. Na avaliación dos traballos teranse en conta os seguintes
criterios, a xuízo do xurado: orixinalidade, creatividade, calidade
artística, calidade técnica e eficacia comunicativa en relación co
obxectivo do traballo.
8. O xurado estará formado por persoas especializadas no ámbito do ensino, da normalización da lingua e do audiovisual.
9. O xurado deberá ditaminar cal é, ao seu xuízo, o gañador en cada unha das categorías.
Ademais, habilitarase na rede un espazo no que se publicarán os
traballos recibidos co fin de que sexan coñecidos e avaliados polo
público e no cal se estableza un mecanismo para contabilizar as
valoracións que reciban durante un período determinado de tempo.
10. O ditame do xurado será elevado á Xunta de Goberno Local, como
órgano competente para resolver o concurso e adxudicar os premios que se
establecen para cada unha das categorías:
Infantil: 400 euros.
Primaria: 400 euros.
Secundaria obrigatoria: 400 euros.
Secundaria postobrigatoria: 400 euros.
Premio do público: 400 euros.
10. A dotación destes premios aboarase con cargo á aplicación do
orzamento xeral do Concello de Santiago para o exercicio 2014 número 020
33402 48901.
11. A participación neste concurso implica a aceptación destas bases en todo o seu contido.
Bases e folla de inscrición nos arquivos adxuntos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario