O
Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, en San
Lázaro, vai acoller os días vindeiros a segunda entrega de
EscolaTIC,
un encontro sobre novas tecnoloxías e o seu potencial no ámbito
docente. A xuntanza, que se celebra os días 17 e 18 de abril,
encamíñanse a achegar recursos e claves a todo o
profesorado da nosa terra:
recursos e claves sobre como impulsar e reforzar a actividade
formativa pola vía das novas ferramentas. As Xornadas
EscolaTIC2015,
segundo
nos contan os organizadores, abranguerán
“conferencias
de figuras nacionais de grande relevancia no ámbito educativo”,
relatorios sobre experiencias de integración da tecnoloxía nas
aulas, obradoiros prácticos e unha
sala aberta para debates.
O
evento vén da man da Consellería de Cultura e Educación e das
Estruturas de Formación Permanente do Profesorado. Acerca do
programa e dos relatores, contarase (entre outros) coa presenza de
Linda Castañeda,
Andrea Giráldez e César Poyatos, que
serán os conferenciantes plenarios
e as súas charlas
versarán sobre o desenvolvemento das competencias docentes no mundo
tecnolóxico, a creatividade e o
emprego dispositivos de
forma efectiva e creativa. A
maiores, a idea é brindar un escenario-oportunidade para que
docentes de toda a nosa xeografía amosen as súas experiencias coas
TIC nas clases e en ámbitos como a creación audiovisual, a
robótica, o uso de portafolios dixitais, o proceso de mesturar xogos
e aprendizaxe, a lectoescritura con tabletas, a introdución do
alumnado na programación informática ou a creación de material
multimedia. Estes son, de feito, algúns dos piares temáticos das
xornadas, uns encontros nos que tamén se tirará partido dos códigos
QR para que os participantes amosen e compartan as súas vivencias
coas TIC.
Por
outra banda, o evento acubillará obradoiros e actividades de índole
práctica sobre a introdución das novas tecnoloxías nas aulas
galegas, accións onde se achegará a oportunidade de manexar robots,
programar aplicacións ou dar forma a novos produtos audiovisuais.
Polo
que respecta a outro dos ámbitos das xornadas, a Sala Aberta,
sinalar que aberta se
presenta ante todo como un
foro de debate. Segundo
explican os organizadores de EscolaTIC,
os temas desta edición
son os dereitos de autor e licenzas de uso, as redes sociais na
educación, os desafíos dixitais
para un cambio educativo, a formación docente en novas
tecnoloxías e, por
último, as TIC e as NEAE.
Como
dixemos, esta actividade está organizada pola Consellería de
Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Estruturas de
Formación Permanente do Profesorado, que conta con certificación de
calidade baseándose na Norma UNE-EN ISO 9001:2008, para potenciar o
desenvolvemento profesional do profesorado galego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario