Co pretexto da crise, o PP restrinxe os dereitos civís e devólvenos aos tempos do nacionalcatolicismo.
Estes son os vocábulos que utilizou o historiador Ramon Carande cando un xornalista o preguntou que resumise en dúas palabras a historia de España. Os mesmos que utiliza o profesor Josep Fontana cando explica a historia de España do século XIX e do primeiro terzo do século XX. Agora, as políticas do Goberno do PP lévannos a un novo retroceso en liberdades e dereitos coa escusa da crise. Estamos a vivir un cuadrienio negro a golpe de recortes sociais, privatizacións, corrupción e perda de dereitos e liberdades.Coa escusa de fortalecer a seguridade aprobaron a Lei de Seguridade Pública (popularmente chamada lei mordaza), que é un verdadeiro atentado ás liberdades. Restrinxe os dereitos de reunión e manifestación, inculca o medo á protesta mediante multas inxustificables, limita dereitos fundamentais e elimina garantías xudiciais. Tamén viola os dereitos das persoas inmigrantes que chegan a chan español ao negarlles a asistencia letrada. Fan "devolucións expresas" sen comprobar se son refuxiados ou menores e legalizan as ilegais "devolucións en quente". Para encontrar unha lei que conculque con tanto entusiasmo as liberdades -mesmo máis que a nefasta lei Corcuera-, habería que retroceder ata a ditadura franquista.
Cheira a franquismo o trato de privilexio que o Estado lle deu historicamente á Igrexa católica: mantense con diñeiro público o culto católico, non ten que pagar impostos e facilítaselle a recadación de diñeiro na declaración da renda. En 1998 Aznar ampliou os privilexios da Igrexa que databan de 1946 (en pleno nacionalcatolicismo), permitindo á Igrexa católica apoderarse legalmente de edificios relixiosos, pisos, ermidas, cemiterios, casas reitorais, etcétera, inscribíndoas no Rexistro da Propiedade sen ter que acreditar a pertenza. Así, facerse propietaria da Mesquita de Córdoba custoulle uns 30 euros.
Esta situación de privilexio histórico e retroceso perpetuo continuou coa LOMCE, a nova lei de Educación, facendo que a materia de Relixión católica sexa avaliable e a súa nota conte tanto para a media final como para optar a unha bolsa, tras eliminar a materia de Educación para a Cidadanía. Se queren darse un baño de anacronismo, irracionalidade e adoutrinamento lean o novo currículo da materia que se publicou no BOE do 24 de febreiro.
Esta situación de privilexio histórico e retroceso perpetuo continuou coa LOMCE, a nova lei de Educación
A nova materia de Relixión avaliará o alumnado de bacharelato en función de se recoñece con asombro e se esforza por comprender a orixe divina do cosmos e distingue que non provén do caos e o azar". O estudiantado sairá de clase de Relixión convencido de que Deus o creou todo e entusiasmado porque xa non terá que estudar Ciencias, nin Bioloxía, nin Xeoloxía. Chegará á clase de Ciencias e preguntaralle á profesora se como lles dixeron en Relixión "as cousas, os animais e o ser humano non se dan o ser a si mesmos". Se é verdade que o "Outro (sic) os fai ser, chámaos á vida e manténselle". A profesora diralles que iso non é certo, que ela explica ciencia e non revelación.
A partir deste decreto as e os estudantes xa non terán que preocuparse por desexar ser felices. Só deben crer: "Deus creou o ser humano para que sexa feliz en relación con Él. Este rexeitamento de Deus ten como consecuencia no ser humano a imposibilidade de ser feliz". Así lles daremos o golpe definitivo á súa formación persoal, só terán que "recoñecer a incapacidade da persoa para alcanzar por si mesmo a felicidade". Ante tantas informacións contraditorias haberá que reforzar os equipos de psicoloxía para axudar aos mozos. Se con terapia non funciona, a materia de Relixión ten esta outra proposta: "Memoriza e reproduce fórmulas sinxelas de petición e agradecemento. Expresa, oral e gestualmente, de forma sinxela, a gratitude a Deus pola súa amizade,".
Penso firmemente, como cidadán e profesor de Historia e Historia da Arte, que a relixión non debe saír do ámbito privado e que a formación en Cultura Relixiosa ha de formar parte do currículo das Ciencias Sociais, explicado como un elemento máis do desenvolvemento das sociedades. Por desgracia, os ministros Wert e Fernández Díaz están lonxe destas posicións e cada vez parécense máis aos inquisidores da historia negra de España. Só quédanos condenalos ao ostracismo político. Fannos retroceder demasiado.
Joan Boada é profesor de Historia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario