INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
mércores, 18 de marzo de 2015
Cruces informa as probas para obter o título de ESO
O Concello de Vila de Cruces informa de que
ata o 25 deste mes está aberto o prazo para inscribirse nas probas que
dan acceso á obtención do título de Graduado en Educación Secundaria. Os
exames serán o próximo 29 de maio e están abertos a persoas maiores de
18 anos. Os interesados poden inscribirse nas dependencias do
consistorio, onde se lles facilitarán os formularios oficiais da
Consellería de Educación, ou facelo a través dos números de teléfono 986
582 017 ó 986 592 616. Haberá unha nova convocatoria das probas en
setembro, cuxo prazo de inscrición será entre o 1 e o 10 de xullo.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario