Un total de 3.000 novos galegos poderán participar en Galeuropa,
un programa de prácticas formativas non retribuídas en países
estranxeiros, ata 2020, cunha duración de entre dous e tres meses
consecutivos.
Segundo informou a Xunta nun comunicado, esta iniciativa está
cofinanciada pola Unión Europea e a convocatoria deste ano está dotada
con máis dun millón de euros, o que sitúa a Galicia como unha das
rexións europeas que destina “máis presuposto”.
Os participantes deben ser menores de 25 anos e non traballado nos
30 días anteriores ao momento de recibir a actuación. Ademais, teñen
que estar inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e
non recibido accións educativas de máis de 40 horas mensuais nos 90
días anteriores ou nos 30 naturais anteriores.
As axudas concederanse a título individual, a proxectos de
mobilidade de entidades sen ánimo de lucro con domicilio social en
Galicia e que leven a cabo actividades no campo da xuventude, así como a
proxectos liderados por entidades locais.
A contía das axudas estableceranse en función do país no que se
realizarán as prácticas formativas e da súa duración. Así mesmo,
proporcionaranse axudas para os gastos de aloxamento, manutención, a
viaxe, apoio sociolingüístico e gastos excepcionais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario