A Universidade de
Santiago celebra hoxe e mañá (6 e 7 de marzo) as Xornadas
de Lingua e Literatura Galegas no Ensino. Os encontros
celébranse na Facultade de Filoloxía baixo o epígrafe O
ensino da literatura ante o desafío dun novo modelo cultural,
o que entre outras cousas significa que un
dos obxectivos das xuntanzas é repensar o papel das ferramentas da
información e o coñecemento neste preciso eido creativo. En
palabras de María Álvarez de la Granja, membro do comité
organizador, a meta destas xornadas é “suscitar unha reflexión
sobre o papel da literatura galega no ensino secundario dentro dun
contexto cultural radicalmente modificado polas novas tecnoloxías”.
O evento está promovido polos departamentos de Filoloxía Galega e
de Didáctica da Lingua e Literatura.
No seu transcurso, engade María Álvarez, “a xuntanza de profesionais e especialistas permitirá reforzar as canles de comunicación entre o profesorado de educación secundaria e o universitario co obxectivo último de axeitar a formación dos estudantes ás necesidades e demandas do mercado de traballo e da sociedade galega”. Tanto María coma o resto do equipo promotor da iniciativa coincide en afirmar que esta permitirá coñecer distintas experiencias educativas, tanto as do profesorado máis veterano como de profesionais incorporados á docencia máis recentemente, co común denominador da procura de solucións novas para os desafíos que hoxe afronte o profesorado de literatura dos centros de Galicia.

Ningún comentario:
Publicar un comentario