Mozos lalinenses reciben aos estudantes dun instituto francés cos que realizan nun intercambio durante unha semana.
Alumnos do instituto Laxeiro, de
Lalín, exercen desde o pasado sábado de anfitrións para un grupo de
estudantes franceses cos que realizan un intercambio. Chegados da vila
de Lle Longeron pasan unha semana na capital dezana compartindo
actividades e clases cos mozos lalinenenses. Pero a súa aventura comezou
xa en decembro cando comezaron a intercambiarse mensaxes en distintos
medios. Desde Lalín partirá unha comitiva na última semana de abril para
gozar a experiencia en Francia. É o noveno intercambio que o centro
lalinense acolle en 13 anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario