A Consellaría acordou cunha empresa privada a utilización dos contidos audiovisuais polo prezo de 1.25€ por alumno/a e anoPosteriormente a Consellaría acordou cunha empresa privada a utilización dos contidos audiovisuais polo prezo de 1.25€ por alumno/a e ano. Así se recolle nunha carta remitida este martes 24 de marzo aos centros educativos polo director xeral en España de Motion Picture Licensing Company que pon á súa disposición “unha licenza anual para poder utilizar os contidos audiovisuais polo prezo acordado coa Xunta de Galicia de 1.25€ ao ano por alumno/a, IVE non incluído”.
CIG-Ensino considera "totalmente inaceptábel e inxustificábel que a Consellaría en lugar de facilitar o uso gratuíto e total dos recursos audiovisuais mercantilice e facilite un negocio a conta dos centros educativos, malia que ano tras ano teñen recortados os orzamentos para o seu funcionamento". Esíxelle ademais á Consellaría que "de inmediato prohiba o cobro e o negocio de empresas privadas nos centros educativos e que garanta a total gratuidade da utilización dos recursos audiovisuais como recurso pedagóxico e didáctico tal e como se viña facendo até o de agora". Engade que "é impropio dunha administración educativa que propicie e alimente un negocio privado a conta dun servizo que a administración educativa está obrigada a facilitar". De igual xeito, fai un chamamento ás direccións dos centros e ao profesorado "para que non paguen ningún imposto por realizar o seu traballo e que continúen usando todo tipo de ferramentas que son necesarias para realizar o seu traballo coa maior eficacia posíbel".
CIG-Ensino esíxelle á Consellaría que "de inmediato prohiba o cobro e o negocio de empresas privadas nos centros educativos e que garanta a total gratuidade da utilización dos recursos audiovisuais como recurso pedagóxico e didáctico"O sindicato lembra que "a utilización, reprodución e exhibición de material de carácter audiovisual, fotográfico ou plástico é algo inherente á práctica docente" e que "o seu uso é imprescindíbel na maioría das materias, xa que facilita, acompaña e ilustra a aprendizaxe, a comprensión, a reflexión e a visión crítica". Así mesmo, sinala que "a renovación e a innovación pedagóxica non pode entenderse sen o uso de todo tipo material, recursos e soportes nos que se manifesta a cultura, as artes plásticas, audiovisuais e artísticas e que deben estar á disposición dos centros" e engade que "é incomprensíbel intentar limitar a tarefa docente exclusivamente ao uso do libro de texto e desbotar o uso dos recursos cinematográficos, musicais, documentais nas aulas".
Se todos os centros pagasen a cantidade acordada entre a Consellaría de Educación e a Motion Picture Licensing Company, esta empresa privada recibiría 325.000 euros anuais máis IVECIG-Ensino xa levara o tema á Mesa Sectorial realizada o día 10 de febreiro de 2015 para solicitar a derrogación da circular distribuída en decembro, sinalando que consideraban "unha irresponsabilidade da Consellaría" o "trasladar o problema aos centros educativos e limitar o uso dos recursos audiovisuais". "Se hai conflito cos xestores deses dereitos, debe ser a Consellaría a que pague o uso dos mesmos e non os centros”, engadía.
En Galicia hai ao redor de 260 mil alumnos e alumnas pamtriculadas nos centros públicos de ensino non universitario. Se todos os centros pagasen a cantidade acordada entre a Consellaría de Educación e a Motion Picture Licensing Company, esta empresa privada recibiría 325.000 euros anuais máis IVE.
Ningún comentario:
Publicar un comentario