Un ranking sitúa á Universidade de Santiago, na quinta posición das universidades máis produtivas de España; a de Vigo, na sexta e a de Coruña, na oitava. A Pompeu Fabra, de Barcelona, lidera a lista do Ú-Ranking.
As universidades galegas están nun posto intermedio nas universidades
máis produtivas do Estado. A que mellor está posicionada é a Universidade de Santiago de Compostela que se mantén en quinta posición, xunto a outras oito, nunha nova edición do Ú-Ranking, un medidor educativo centrado nos mellores centros académicos españois.
Xusto despois está a de Vigo, de sexta, unha posición que coparte con outras doce universidades. E, xa, en última posición dos centros galegos está a Universidade da Coruña, na oitava posición,
nun grupo no que hai outras sete. As tres universidades manteñen a súa
produtividade respecto da anterior edición e aumentan lixeiramente o seu
volume de produción de resultados.
A citada lista, elaborada polo Instituto Valenciano de Investigacións
Económicas (IVIE) e a Fundación BBVA, recolle o ranking de produtividade
dos centros universitarios españois. Unha lista que lidera a Universidade Pompeu Fabra,
cun índice do 1,5, e a Universidade de Santiago de Compostela obtén 1,1
puntos, mentres que as de Vigo e A Coruña logran 1 e 0,8 puntos,
respectivamente.
Por volume de resultados, a de Compostela figura no posto 12 da clasificación con
2 puntos, a de Vigo no lugar 19 con 1,1 puntos e a da Coruña no 22 con
0,8 puntos. Esa última clasificación está liderada pola Complutense con
4,4 puntos, seguida da de Barcelona con 3,8 e a de Granada con 3,2.
Ningún comentario:
Publicar un comentario