mércores, 25 de marzo de 2015

Folga de estudantes e profesores contra a reforma universitaria

  • Protestan contra o decreto que dá aos campus a posibilidade de impartir carreiras de tres anos a complementar con másteres de dous.
  • Esixen que se reverta a suba das taxas, a "retirada" da lei Wert e máis investimento pública en Educación.

Os principais sindicatos do profesorado (CCOO, CSI-F, UGT, ANPE, CGT e STEs-i) e varias organizacións de estudantes (entre elas o Sindicato de Estudantes e FAEST) as aulas de institutos e universidades para protestar contra os recortes educativos, a reforma educativa que este curso comezou a implantarse en 1º, 3º e 5º de Primaria e na FP Básica, a consolidación da suba das taxas, as modificacións nos criterios de acceso ás bolsas e a recente reforma dos graos universitarios que acurtarán de catro a tres anos as carreiras.

O Sindicato de Estudantes cifrou en máis do 85% o seguimento entre os universitarios e o 90% en secundaria na maioría dos territorios. CCOO, pola súa banda, cifra no 85% de seguimento nos campus madrileños, con centros "practicamente pechados" tamén en Andalucía, Valencia e Cantabria. O Ministerio de Educación non deu cifras polo momento. Ás 18.00 horas hai manifestacións convocadas en todas as capitais de provincia.

Unha barricada cortou esta mañá a estrada de Colmenar (M-607), á altura do acceso á Universidade Autónoma de Madrid (UAM), o que provocou un grande atoamento en ambos os dous sentidos.
En Cataluña a xornada está a ter unha escasa incidencia, segundo comunicou a secretaría de Universitats i Recerca, pois o paro só afectou ás facultades de Dereito e Educación da Universitat de Barcelona (UB) e á de Economía e Empresariais da Universitat de Girona (UdG). Non obstante, fontes sindicais citadas por El Periódico engaden que a protesta tamén afectou ao campus da UPC en Vilanova e a Geltrú, onde o seguimento foi do 90%. 
 
As razóns da protesta

No centro do debate, e das críticas, está agora o decreto aprobado a finais de xaneiro polo Goberno que dá aos campus a posibilidade de impartir carreiras de tres anos a complementar con másteres de dous anos. Aínda que os reitores acordaron aprazar esta reforma das carreiras ata 2017 ao considerar que o Executivo propoñía unha aplicación "apresurada", estudantes e profesores cren que é importante que se visibilice o seu rexeitamento a unha medida que, ao seu xuízo, pretenden que "só unha minoría de privilexiados poida acceder á formación superior porque son os únicos que teñen garantidos os bos postos de traballo".

Para as organizacións que chaman á folga, todas estas medidas enmárcanse nun itinerario de "privatización" dos estudos universitarios que provocarán o encarecemento da formación necesaria para acceder ao mercado de traballo dende a Universidade (aseguran que se fará máis necesario un máster, máis caro que os graos), o recorte dos equipos de profesores (como consecuencia de que os graos duren menos) e a proliferación de universidades privadas, que non se verán obrigadas, que cumprir os criterios de calidade que se esixen ás universidades públicas.

O pasado mes de febreiro, os días 25 e 26, o Sindicato de Estudantes xa convocou unha folga de 48 horas en colexios e institutos para protestar pola aprobación do decreto que permite crear graos de tres anos, e para a que contou co apoio de CCOO. Nesta ocasión, participan na convocatoria tanto sindicatos coma organizacións estudantís e contan co apoio de plataformas sociais como a Marea Verde Estatal, Foro da Cultura, Plataforma en defensa da Cultura, Consello da Xuventude de España e Cumio Social.

Ningún comentario:

Publicar un comentario