Cunha taxa de paro entre os menores de 25 anos de máis do 50%, España lidera a lista de países con máis desemprego entre a mocidade de toda Europa, por diante incluso de Grecia, e moi lonxe do 8,1% de Alemaña, por exemplo. A cifra redúcese á metade cando se fala de mozos e mozas rexistrados nalgún organismo oficial como demandantes de emprego, sen embargo, segue situándose nun 20,6% cando o promedio europeo é do 9,7%, porque “España ten estatísticas impropias dun sistema de relacións laborais civilizado”. Así o asegurou o catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo Jaime Cabeza.
Cabeza protagonista dunha nova sesión do módulo Libre circulación de
traballadores e mercado de emprego, unha actividade formativa enmarcada
na Acción Jean Monnet que se desenvolverá na Facultade de Dereito do
campus de Ourense ata 2016. Cabeza achegou aos participantes neste
encontro ás medidas que se están levando a cabo para loitar contra o
desemprego, sobre todo xuvenil, dende unha perspectiva do Dereito
nacional e europeo, porque se trata dun tema no que todos os Estados
membros deben compartir responsabilidade.
“Europa necesita reformas estruturais”, subliñou o catedrático, que explicou que xa en 2013 se lanzou un programa de garantías a nivel europeo que “tenta basicamente darlle unha oportunidade a todas esas persoas desempregadas, conseguindo que nun prazo de seis meses teñan un posto de traballo ou canda menos unha oportunidade de formación profesional”.
Precisamente a formación é un dos eixos sobre os que debe pivotar a loita polo desemprego entre os menores de 25 anos. E para iso é preciso “derrubar certos mitos”. “Os nosos sistemas educativos están fallando, e esa é unha evidencia teimada”, explicou Cabeza ante estatísticas que falan de desemprego xuvenil sobre todo entre a poboación non cualificada. “O noso maior problema chegou cando se derrubou a construción e xente que abandonara prematuramente os seus estudos regrados caeu no desemprego”, explicou Cabeza tentando lanzar a mensaxe de que “unha titulación universitaria non garante o emprego, pero todos os datos apuntan a que o paro e menor entre a poboación con estudos superiores”.
A importancia relativa a nivel nacional do sector da construción e o mercado laboral altamente segmentado quedou patente coa chegada da crise, que tivo un impacto laboral desproporcionado e dous veces superior ao económico e que deixou un panorama de nin-nin (mozos e mozas sen emprego, sen estudos e sen formación para o emprego) de máis do 16%. Por iso salientou a importancia de facer un “esforzo realista” de mellora dos sistemas educativos que aborde con seriedade a formación práctica.
“Europa necesita reformas estruturais”, subliñou o catedrático, que explicou que xa en 2013 se lanzou un programa de garantías a nivel europeo que “tenta basicamente darlle unha oportunidade a todas esas persoas desempregadas, conseguindo que nun prazo de seis meses teñan un posto de traballo ou canda menos unha oportunidade de formación profesional”.
Falla o sistema educativo
Durante toda a mañá, Cabeza fixo unha diagnose da situación que está a atravesar España neste eido e dos elementos da regulación laboral que están fallando e explicou que programas se poden levar a cabo para mellorar as taxas de emprego na sociedade. “E debe ser un emprego que debe se de calidade , porque unha mala incorporación ao mercado de traballo cando son novos vai repercutir en toda a súa vida activa, con longos períodos de desemprego polo medio e con traballos por debaixo da súa cualificación académica e profesional”, salientou.Precisamente a formación é un dos eixos sobre os que debe pivotar a loita polo desemprego entre os menores de 25 anos. E para iso é preciso “derrubar certos mitos”. “Os nosos sistemas educativos están fallando, e esa é unha evidencia teimada”, explicou Cabeza ante estatísticas que falan de desemprego xuvenil sobre todo entre a poboación non cualificada. “O noso maior problema chegou cando se derrubou a construción e xente que abandonara prematuramente os seus estudos regrados caeu no desemprego”, explicou Cabeza tentando lanzar a mensaxe de que “unha titulación universitaria non garante o emprego, pero todos os datos apuntan a que o paro e menor entre a poboación con estudos superiores”.
A importancia relativa a nivel nacional do sector da construción e o mercado laboral altamente segmentado quedou patente coa chegada da crise, que tivo un impacto laboral desproporcionado e dous veces superior ao económico e que deixou un panorama de nin-nin (mozos e mozas sen emprego, sen estudos e sen formación para o emprego) de máis do 16%. Por iso salientou a importancia de facer un “esforzo realista” de mellora dos sistemas educativos que aborde con seriedade a formación práctica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario