A Anpa do colexio público Varela Buxán de Cercio (Lalín) promove,
como cada ano, unha campaña para fomentar a matriculación de alumnos. O
colectivo lembra que os pais interesados en inscribir aos seus alumnos
dispoñen de prazo ata o 23 de marzo. A Anpa resalta as vantaxes das que
pode gozar un neno que curse os seus estudos de Infantil e Primaria
nestas instalacións, asentadas nunha zona rural "acolledor para poder
estudar".
Actualmente o centro non ten límite de prazas e conta
con servizo de comedor e transporte, mesmo cunha ruta que parte do
núcleo urbano de Lalín. Ten aulas especializadas e, ademais das materias
comúns, oferta música e informática. Desde o colectivo de pais de
Cercio faise fincapé ademais de que entre as súas instalacións destaca
un pavillón polideportivo cuberto, patios ao aire libre ou mesmo unha
zona verde nas inmediacións do complexo educativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario