A Escola Universitaria Politécnica, situada no Campus de
Ferrol, en Serantes, acollerá durante os días 18 e 19 de marzo a décima edición da Xuntanza Tecnolóxica Empresa Universidade.
A vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Araceli Torres
Miño, presidirá o acto de inauguración, mañá, 18 de marzo, ás 9:30 horas, no
salón de actos da Escola.
A Xuntanza contará cunha estrutura de relatorios, nos que as
empresas participantes presentarán os seus produtos e novidades tecnolóxicas, e
obradoiros, enfocados en preparar aos participantes para o emprendemento e a
procura activa de emprego.
O obxectivo deste encontro é aproximar o mundo empresarial á
universidade e dar información adecuada aos estudantes dos últimos cursos sobre
o sector industrial e o mercado laboral no que se integrarán unha vez
titulados. Esta iniciativa está organizada pola Delegación de Alumnos da EUP en
colaboración coa dirección do centro, en que se imparten os graos en Enxeñaría
Eléctrica e Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática.
Ningún comentario:
Publicar un comentario