A Mesa pola Normalización e o BNG critican a Xunta e lémbralle que a Xustiza, malia a sentencia do Tribunal Supremo que desestima o recurso da Academia, si tirou varios dos puntos claves do Decreto do Plurilingüismo, como a consulta aos pais.
A Real Academia Galega reaccionou este venres á sentenza do Tribunal Supremo. A Xustiza denégalle a razón e confirma en gran medida legalidade do polémico "Decreto do Plurilingüismo" polo que o PPdeG reduciu a presenza do galego nas aulas públicas.A Academia "respecta e acata" a sentencia. Agora ben, tamén sinala que "nela se conteñen opinións discutibles e consideracións de feito infundadas, a contrafío de diversos estudos académicos, ditames institucionais e informes expertos de carácter oficial". A institución fai un novo chamamento ao diálogo e insta novamente á Xunta de Galicia a que modifique a regulación das linguas nas aulas e ofrece a súa "leal colaboración para poñer en marcha iniciativas de alcance real cara a ese obxectivo."
Máis duros son dende a Mesa para a Normalización. Na súa opinión, a desistimación do Supremo do recurso da RAG non cambia nada relevante pois " o decretazo contra o galego xa fora anulado nos seus puntos centrais tras os recursos presentados no TSXG" como " a posibilidade de os pais elixiren a lingua nas aulas e a non obrigatoriedade para o alumnado".
Ante os repetidos chamamentos do novo conselleiro de Cultura de retomar o diálogo, a insitución que preside Marcos Maceira volve argumentar que cómpre volver ao consenso do Plan Xeral de Normalización Linguística. “O goberno galego ten dúas opcións, a de regresar aos acordos tomados de xeito amplo, coa participación de organizacións sociais, sindicais, políticas, culturais, reflectidos no PXNLG, e tamén validados polo Supremo, ou agocharse detrás do TS para manter unha política unilateral e destrutiva coa lingua”, sinalou o presidente da Mesa, que engadíu que “promover o galego nun ámbito central e básico para a normalización de calquera lingua, como o do ensino, é unha decisión política, e por tanto, a decisión está na man do goberno de Feixó que debe escoller entre regresar ao acordo, ou manterse só nos ataques á nosa lingua”.
Na banda política, a deputada do BNG Ana Pontón argumentou este venres que a sentenza non invalida as decisións do TSXG, que tirou varios dos puntos claves do 'Decretazo'.
Ningún comentario:
Publicar un comentario