Ditouna o 27 de marzo de 1985 a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña e supuxo un fito histórico na normalización da lingua galega no ámbito xurídico.
Hai trinta anos a Sala do Contencioso-Administrativo da Audiencia Territorial da Coruña –integrada polos maxistrados Ricardo Leirós Freire, Claudio Movilla Álvarez e Gonzalo de la Huerga Fidalgo- ditaba a primeira sentenza en lingua galega (a núm. 248), un fito histórico para a normalización lingüística xa que non se coñece outro instrumento xurídico escrito na lingua propia de Galicia desde o ano 1532, no que se data un documento relativo ao foro do Mosteiro de San Clodio.A Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística, a Irmandade Xurídica Galega e a Xunta de Galicia celebraron o trixésimo aniversario nun evento onte en Pontevedra.
O director xral de Xusttiza dixo que oO que falta, pois, é romper inercias e vencer inseguridades inxustificadas que dificulten o uso habitual do galego. É un labor que temos que abordar conxuntamente os poderes públicos e os profesionais da xustiza. A lembranza desta sentenza, redactada en galego por tres xuíces a instancias do concello de Redondela, márcanos a dirección que debemos seguir”.
Os actos comezaron na Casa do Concello coa descuberta dunha placa conmemorativa e proseguiron no Multiúsos coa lectura da “Declaración para sermos máis nós” (que xa conta con máis de 600 adhesións de particulares que expresan o seu compromiso co galego como usuarios dos servizos xurídicos que prestan a avogacía e as notarías), á que seguiu a lectura da “Declaración de Redondela. Por unha lingua para o dereito” que asinaron 21 avogados exercentes en Redondela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario