O conselleiro de Cultura di que o idioma non é patrimonio de "ningún partido" e amosase aberto a avaliar e "matizar con agarimo" as propsotas de Queremos Galego. Di a que sustentabilidade financieira das universidades non é o seu "principal problema".
Román Rodríguez quere pasar páxina ao clima de enfrontamento que había entre os sectores de defensa da lingua e o seu predecesor no cargo, Jesús Vázquez.
Por iso, nas súas primeiras manifestacións como conselleiro de Cultura
insistiu na necesidade de chegar a consensos sobre o galego.
Esa mensaxe foi a mesma que transmitiu este domingo nunha entrevista na Radio Galega. "Temos que deixar de pelexarnos todo o día polo galego,
ou pensar que o galego é dun partido político", dixo. "É unha riqueza
que temos como país que abre moitas portas nun mundo cada vez máis
globalizado", declarou.
Por iso, destacou que o seu obxectivo co novo decreto en materia educativa é obter un "equilibrio lingüístico no ensino"
e apostar polo uso do galego, actualmente "en situación de debilidade",
xa que "o seu ensino está garantida nos centros de estudos".
Sobre o decreto do plurilingüismo dixo que potencia o galego, o
castelán e o inglés pero insistiu en que desde o gabinete que representa
están dispostos "a traballar en positivo pola lingua en todos os ámbitos" para achegar normalidade á cuestión idiomática.
Neste sentido, destacou o plan de dinamización do galego no ámbito empresarial que puxo en marcha para que "facerlle ver" ao
colectivo socioeconómico "que o uso do galego é útil, incluso unha
oportunidade de negocio que abre portas en ámbitos que até o momento non
estaban tan claros, como o da lusofonía".
De feito, mostrouse aberto á hora de ter en consideración as propostas de plataformas como "Queremos Galego".
"Estamos nun debate aberto e por iso non hai unha verdade absoluta, por
iso, algunhas das propsotas poderían ser avaliadas e matizadas con
agarimo", dixo, xa que desde o Goberno deben realizar unha "formulación
xeral" para o conxunto da sociedade e non tanto para unha parte "tan
específica", sinalou.
Román Rodríguez tamén falou da sustentabilidade financeira do sistema universitario galego, da cal asegurou que este non é o seu principal problema,
se non "a especialización" das titulacións, a procura de sinerxías e "a
internacionalización". Arranxos que, segundo dixo, pasan por unha
"reorganización do sistema" a fin de conseguir unha xestión compartida
do recurso que posibilite manter a partida orzamentaria.
Ningún comentario:
Publicar un comentario