Artigo do reitor da Universidade de Vigo co gallo do I Aniversario de GCiencia
Autor: Salustiano Mato
Desde o seu inicio, do que pronto se cumprirán 25 anos, a
Universidade de Vigo experimentou un constante desenvolvemento da
actividade investigadora nos ámbitos científico, tecnolóxico, xurídico-
social e humanístico. Esta progresión e os resultados que dela se
derivan son froito do traballo de centos de investigadores e
investigadoras, que ao longo destas máis de dúas décadas amosaron o seu
compromiso con todas as expresións da ciencia e tamén con esta
institución académica que aposta firmemente pola investigación e a transferencia.
Xunto á docencia, a investigación e a transmisión dos resultados que
dela se derivan á sociedade, son a nosa razón ser. Carreiras de longo
percorrido, nas que o esforzo individual, pero tamén a complicidade, son
determinantes á hora de acadar un éxito que sofre, e moito, os embates
da crise económica. É por iso que desde a Universidade de Vigo
continuaremos a traballar a prol da supresión dunha taxa de reposición
que nos está a pasar unha factura inasumible á hora de reter e captar
talento, implementando novas fórmulas como a de abrir un camiño distinto
á funcionarización dos e das investigadoras.
Non é unha opción, senón unha obriga a que temos entre mans: a de defender un dos motores da nosa sociedade, ese que se alimenta do talento e o traballo dos nosos investigadores e investigadoras para impulsar o progreso colectivo. Esta non é unha tarefa doada, pero contamos con aliados especializados en trasladar á opinión pública o noso traballo e as nosas reivindicacións: os medios de comunicación. Nunha época de crise como a que estamos e moi especialmente eles están a sufrir, que un medio celebre o seu primeiro ano de existencia é unha ledicia e case un prodixio cando a súa especialidade é a ciencia e a súa lingua o galego. Parabéns, pois, GCiencia polo voso labor de divulgación, fundamental para que a sociedade coñeza e aprecie o traballo de miles de investigadores e investigadoras que día a día fan posible a existencia dunha ciencia galega e grazas a vós, en galego.

Ningún comentario:
Publicar un comentario