O Sindicato STEG apoia a folga que vai ter lugar o
vindeiro 24 de marzo en todo o Estado no ámbito das Universidades
públicas para solicitar a derrogación do RD 43/2015, polo que se
estabelece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais (o
coñecido coloquialmente como 3+2), e para esixir a retirada dos novos
proxectos de acreditación de Universidades e de creación e recoñecemento
de centros.
A política universitaria do Partido Popular segue o mesmo camiño que o emprendido cos demais niveis da educación pública, impoñendo unha reforma sen diálogo coa comunidade educativa e sen debate político, que se orienta en beneficio das elites e dos intereses privados e do mercado. Desde a modificación en 2012, por Decreto-lei, da Lei Orgánica de Universidades, estamos asistindo á suba do importe das matrículas, ao aumento da dedicación docente do profesorado, á redución dos cadros de persoal, á limitación dos orzamentos das Universidades por parte das Comunidades Autónomas e á diminución do número de bolsas e das súas contías.
Rexeitamos o RD do 3+2 por atentar contra a igualdade de oportunidades, ao encarecer os estudos universitarios e expulsar así dese ámbito o alumnado con menos recursos económicos.
Rexeitamos a desregulación e flexibilización na creación de novos centros e universidades, porque é unha estrataxema para favorecer e priorizar as universidades privadas.
Rexeitamos, por último, que un novo sistema permita acreditacións menos obxectivas e que infravalorice a experiencia docente.

Secretariado Nacional do STEG
17 de marzo de 2015
17 de marzo de 2015
O STEG apoia a folga do 24 de Marzo en defensa da Universidade pública
NON ao 3+2 e ás reformas privatizadoras do ministro Wert

Ningún comentario:
Publicar un comentario