O albergue de Mouriscade acolle un dos campamentos - A inscrición remata o 18.
A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos (FANPA) organiza para os próximos meses unhas xornadas de convivencia en familia. Trátase de actividades que levarán a cabo durante o fin de semanas dos meses de abril, maio e xuño. Pretenden fomentar o lecer en familia con actividades variadas de aventura, sendeirismo, ecoloxía ou patrimonio entre outros ámbitos.A inscrición permanecerá aberta ata o próximo día 18 deste mes. A reserva debe formalizarse mediante correo electrónico actividades@nontedurmas.org ou nas oficinas da FANPA. Para a tramitación debe achegarse unha fotocopia que acredite pertencer a unha ANPA federada, así como o xustificante do ingreso bancario.
Algunhas das anpas da zona, como o colectivo Agromar de Agolada, informa destas actividades aos seus socios. Na comarca realizarase unha das vivencias. A xornada levará a cabo no albergue de Mouriscade (Lalín) entre o 6 e 7 de xuño. Inclúe un taller de cestería, xantar, merenda e cea e ao día seguinte exponse un taller de quesería, unha visita ao museo Casa do Patrón. O prezo desta xornada é de 36 euros para socios federados e 44 euros para o resto.
Ademais, prográmanse actividades en Cotobade, o 12 de abril, con sesión de paintball, xogos tradicionais, unha sesión de horta ecolóxica e ecogranja. En Marín realizarase o 1 de maio, cun circuíto arbóreo, unha sesión de hípica e un taller de manualidades. No Espazo Natural A Barosa (Barro) realizarase o 2 de maio, cunha explicación do funcionamento dos muíños, un seminario sobre o pan e unha ruta de sendeirismo. Nas Pallozas de Arenteiro (O Carballiño) a convivencia será o 16 e 17 de maio, con visita á antiga fábrica de papel e a piscifactoría, taller de pegadas e ruta de sendeirismo. O cámping no Grove será a última vivencia, o 13 e 14 de xuño, con actividades acuáticas e rutas
Ningún comentario:
Publicar un comentario