A folga convocada polo Sindicato de
Estudantes os pasados 25 e 26 de febreiro foi un rotundo éxito: máis de
2.550 institutos e máis de 250 facultades de universidades de todo o
Estado quedaron desertas, e en máis de cen cidades e localidades
organizáronse manifestacións multitudinarias con decenas de miles de
estudantes. A prensa tivo que recoñecer o tremendo seguimento, e tamén o
propio Ministro Wert cando nunha manobra desesperada intentou
"desconvocar" pateticamente a folga e as manifestacións. A chamada do
Sindicato de Estudantes á loita contra un decreto pretende que
privatizar definitivamente a universidade e pechala a cal e canto para
os fillos das familias traballadoras, contou cun respaldo cidadán
impresionante; foron multitude de organizacións e colectivos sociais os
que nos apoiaron, e só en catro semanas máis de 140.000 persoas asinaron
contra o 3 +2 apoiando a causa dos estudantes.
O PP quere destruír a Universidade Pública
E non é para menos. Dende que o PP chegou ao goberno non vivimos outra cousa que ataques á educación pública: recortes de máis de 1.500 millóns de euros no presuposto das universidades públicas; unha suba salvaxe das taxas do 66%; máis de 5.000 profesores despedidos das nosas universidades e un decreto de bolsas que penaliza aos que menos teñen e que rebaixou as axudas en miles de euros por alumno. Todo este conxunto de medidas supuxo que 45.000 estudantes fosen expulsados da Universidade por non se poder pagar uns estudos, algo que se está a converter nun privilexio ao alcance dunha minoría.
Por se isto non fose suficiente, agora, nos catro días que lle quedan ao PP no Goberno, quérennos impoñer o decreto 3 +2. Isto significará a desaparición de carreiras; a depreciación do título de grao, que pasará de 4 a 3 anos e se converterá en papel mollado no mercado laboral; a imposición na práctica de dous anos de máster a prezo de ouro para ter un título válido, ademais do despedimento de miles de profesores. Está moi claro que o PP quere devolver a Universidade aos tempos da ditadura franquista, cando só os fillos de familias podentes podían gozar deste dereito Que familia traballadora pode permitirse pagar 15.000 ou 20.000 euros para que o seu fillo estude na Universidade? Se este decreto se aplica o próximo setembro, tal e como Wert planea, seremos centos de miles de mozos os que veremos as portas da Universidade pechadas para sempre Pero non o imos permitir!
O 3 + 2 non é nin Europa, nin aforro para as familias. Wert, non nos enganas!
Nestes días tivemos que soportar as mentiras do Ministro Wert e da multimillonaria número dous do Ministerio de Educación, Montserrat Gomendio. Primeiro afirmando que o "3 +2" será un aforro para as familias, cando a realidade é xustamente oposta. Logo dicindo que isto nos axudará a confluír con Europa. Pero de que demos falan? No 70% dos países europeos a Universidade Pública é gratuíta ou con taxas moi baixas. En Francia un ano de grao custa 89 â?¬, en Alemaña custa 200 â?¬ ao semestre e iso inclúe un aboamento de transporte para viaxar gratuitamente por todo o país. Que teñen ver esa realidade coa que aquí quere impoñer o PP? Absolutamente nada!
Ademais teñen a desvergonza de dicir que o modelo da Universidade Pública no Estado español é insostible a non ser que haxa unha suba drástica de impostos. Que impresentables! Só con que deixasen de roubar das arcas públicas para rescatar bancos ou autoestradas, para financiar ilegalmente ao seu partido, para darse a vida pai a custa do sufrimento da maioría ou facer amnistías fiscais para os seus amigos das altas finanzas, sería máis que suficiente! O que pasa realmente é que queren destruír por completo a Universidade Pública: que deixe de ser un dereito e convertelo nun negocio moi saboroso para as súas amiguetes das universidades privadas.

A loita continua ata derrotar o 3 +2!
¡24 de Marzo, folga xeral estudantil xunto cos profesores!
A folga do 25 e 26 FARADIOS foi unha auténtica lección de dignidade por parte da xuventude, pero a loita debe continuar ata que logremos a retirada completa do 3 +2 e a dimisión dun Ministro impresentable. Hai que estender a loita e facela máis forte. Por iso o próximo 24 de Marzo, chamamos a todos os estudantes de institutos e Universidade a organizar unha nova folga estudantil igual de contundente, pero esta vez ademais contando co apoio dos nosos profesores e do persoal laboral de todas as universidades públicas do Estado.
Somos moi conscientes de que o que non consigamos coa loita nas rúas dificilmente o lograremos noutros ámbitos. Dende o Sindicato de Estudantes facemos un chamamento aos sindicatos do profesorado e ás organizacións de nais e pais a continuar a mobilización ata o final, e que o 24 de marzo sexa unha auténtica folga en todos os sectores do ensino, dende a infantil ata a universidade. O que nos xogamos é moito.
Chamamos a todos os colectivos sociais e a todas as organizacións de esquerdas a manter e redobrar o seu apoio á nosa mobilización. E, por riba de todo, á xuventude dos institutos e as universidades a construír o Sindicato de Estudantes, a levantar unha organización de loita, anticapitalista, que defende de forma consecuente o ensino público e os dereitos sociais e que non se rende ante ningunha adversidade. Todos xuntos, unidos e organizados, venceremos.

Ningún comentario:
Publicar un comentario