Finalmente
xa hai gañadoras na terceira edición do concurso Lingua de
Namorar, cuxas bases, premios e obxectivos dimos
a coñecer recentemente dende Código Cero. Este luns, sen ir
máis lonxe, fíxose
pública a resolución da nova entrega do certame, como lembraremos
unha iniciativa para convidar á mocidade a adicar declaracións de
amor na nosa lingua. Os premios recaeron en seis mozas, cuxas
achegas foron elixidas polo xurado de entre as 50 máis votado “polo
grao de elaboración, orixinalidade e calidade lingüística”.
O
concurso veu da man da Secretaría Xeral de Política Lingüística e
da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. A terceira edición
da convocatoria contou coa participación dun milleiro de
escritoras/es e lectoras/es emitindo as súas valoracións. A
votación polas mellores mensaxes, que se desenvolveu na Rede,
estendeuse durante tres semanas.
Na
categoría A, de 14 a 19 anos, resultou gañadora do primeiro premio
Marta Gómez Martín (Pontevedra), coa mensaxe Atea; a
gañadora do segundo premio foi Saray Díaz Canosa (Narón), pola
mensaxe Ego; e a gañadora do terceiro premio foi Sabela
Domínguez Souto (Verín, Ourense), pola mensaxe O meu ritmo.
Na
categoría B, de 20 a 35 anos, Aitana Iglesias Márquez
(Narón, A Coruña), gañou o primeiro premio coa
mensaxe Polos opostos;
o segundo premio recaeu na mensaxe Sentimento
metereolóxico de Sonia Varela García
(Arteixo, A Coruña), e o terceiro premio foi para a mensaxe Así,
de María J. Chao Sánchez (Ares, A Coruña).
Por
certo que as mensaxes
gañadoras pódense ler
na páxina do concurso.
Segundo informa a organización
preto dun milleiro de mozos e mozas participaron no concurso, ben
enviando mensaxes, ben como votantes. O prazo de participación
estivo aberto do 22 de febreiro. A partir desta data, os usuarios e
usuarias puideron votar polas súas mensaxes favoritas até o 27 de
febreiro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario