mércores, 5 de maio de 2010

CATAPALABRAS - NOVO XOGO EDUCATIVO EN REDE

Catapalabras, novo xogo educativo en rede da AS-PG


A Asociación Sociopedagóxica Galega (AS-PG) amplía a súa oferta de xogos educativos na rede co Catapalabras, un xogo no que poden participar de dous/dúas a catro xogadores/as e que consiste basicamente en que cada quen escriba palabras que encaixen en certas categorías elixidas ao azar (froitas, animais, etc.) e que comecen por unha letra determinada obtida tamén aleatoriamente a través dun dado de 20 caras.

Este xogo vénse a sumar ao Trivial, ao Letrad@s e ao xogo da Curuxa, todos eles cun alto índice de aceptación e participación, e pretende contribuír á galeguización dun espazo vital, o do lecer e o xogo, que na actualidade sofre unha importante carencia de posibilidades pensadas desde Galiza.

Máis información en:

http://www.ctnl.org/web/notic.php?ide=615&desc=palabras_sobre_xogos_que_comecen_por_c-:_catapalabras

Ningún comentario:

Publicar un comentario