martes, 18 de outubro de 2011

Somos a curta! I Premio de curtametraxes de comedia

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela convoca o certame Somos a curta!, dirixido a premiar a mellor peza audiovisual curta de comedia en galego presentada por calquera alumno/a ou grupo de alumnos/as das universidades galegas, das titulacións impartidas nas escolas oficiais de Imaxe e Son ou da titulación de bacharelato artístico de calquera dos institutos de educación secundaria de Galicia.

O prazo para presentar as propostas remata o día 25 de novembro de 2011. As pezas presentadas ao concurso exhibiranse ao público nunha gala, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Comunicación o 14 de decembro de 2011.

Máis información en:
http://www.usc.es/snl/dinamiza/somosacurta.htm

VIII Xornadas sobre lingua e usos: lingua e ecoloxía

Un ano máis, o SNL da Universidade da Coruña, en colaboración coa RAG, organiza as Xornadas sobre lingua e usos, que este ano se centrarán na ecolingüística e terán lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro.

Máis información en:
http://www.udc.es/snl/VIIIxornadas_lingua_usos.html
http://www.udc.es/snl/convocatoriaspdf/Programa_VIII_Xornadas.pdf (programa)

Anxo Lorenzo destaca o papel normalizador da literatura nagalego como para a difusión e a fixación da súa variedade estándar inauguración do VI Ciclo de Escritores/as na Universidade

O responsable de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na inauguración do VI Ciclo de Escritores/as na Universidade, onde destacou o importante papel da literatura tanto para a promoción do .

O ciclo, que comezou o 6 de outubro cunha mesa redonda sobre narrativa na que participaron Marilar Aleixandre e Bieito Iglesias, desenvolverase ao longo de tres semanas, cunha mesa redonda cada xoves. As outras dúas mesas redondas terán lugar o 20 de outubro (sobre poesía) e o 3 de novembro (sobre teatro). As encargadas de abordar o xénero poético serán Marga Doval e Enma Pedreira, mentres que Afonso Becerra e Quico Cadaval falarán sobre o xénero teatral.

Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/noticias/1992

Política Lingüística tramitou no que vai de ano 31 queixas por non respectar os dereitos lingüísticos en Galicia

O número de expedientes por queixas presentadas por particulares e asociacións contra administracións e grandes empresas por conculcar os dereitos do idioma galego elévase a 31, sen contar as preguntas que sobre estes casos realizan os deputados, que se resolven pola propia vía parlamentaria.

Máis información en:
http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/politica-linguistica-tramito-31-quejas-no-respetar-derechos-gallego/idEdicion-2011-10-02/idNoticia-704206/

A Asociación de Escritores en Lingua Galega crea a Escola de Escritores para fomentar o compromiso co galego

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) acaba de crear a Escola de Escritoras e Escritores, unha iniciativa que ten como obxectivo transmitir aos seus membros a paixón da creación literaria nun momento en que Galicia "necesita máis que nunca o compromiso coa súa lingua", dixo o presidente da asociación, Cesáreo Sánchez.

Máis información en:
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2011/10/05/aelg-crea-escola-escritores-fomentar-o-compromiso-coa-lingua-galega/585808.html

Redelibros e Meubook convocan un certame dixital de relatos para promover a creatividade e a escrita en galego nas redes sociais

As plataformas galegas Meubook e Redelibros acaban de pór en marcha a primeira edición do Certame de Relatos Tempos Dixitais. O concurso, destinado a fomentar a creatividade e a escrita en lingua galega nas redes e ferramentas sociais, as 2.0, xorde cunha clara vontade social de espallamento da lectura.

Máis información en:
http://codigocero.com/Redelibros-e-Meubook-convocan-un
http://www.meubook.com/pg/blog/Mibú/read/57220/i-certame-de-relatos-"tempos-dixitais"
http://www.redelibros.com/social/event/281 (bases do certame)

Rinoceronte Editora agasalla arquivos de voz para GPS en galego e na fala dos canteiros

Xa se pode configurar o navegador Tomtom para que fale en galego ou na fala dos canteiros. Rinoceronte Editora pon á disposición do público os arquivos para mudar a lingua do navegador. Dúas voces en galego, unha masculina e unha feminina, e mais unha versión na lingua dos canteiros están xa dispoñibles de forma gratuíta.

Máis información en:
http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=19603

Un novo manifesto denuncia a marxinación do galego nos medios de comunicación

O 9 de outubro foi presentado en Santiago de Compostela, na Libraría Couceiro, un manifesto en defensa da lingua galega que conta xa con máis de 800 adhesións. O texto pode asinarse na rede e denuncia a marxinación do galego nos medios de comunicación privados de Galicia. Algúns dos seus obxectivos son que xornais, radios e televisións utilicen o galego no 50% dos seus espazos ou programacións, e que os medios de comunicación reproduzan as declaracións na lingua en que foron feitas.
Máis información en:
http://marxinaciondogalegonosmedios.es/
http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-galicia/gh/presentado-santiago-un-manifesto-marxinacion-dos-medios-galego/idEdicion-2011-10-10/idNoticia-705970/
http://galiciaconfidencial.com/nova/8646.html

luns, 3 de outubro de 2011

Escritores cataláns, vascos e galegos únense para esixir que as súas linguas sexan recoñecidas


Escritores cataláns, vascos e galegos uníronse nun manifesto para denunciar o proceso de involución no recoñecemento das súas identidades, segundo un comunicado da Federación de Asociacións de Escritores Galeusca.
Máis información en:
http://lv.galiciae.com/nova/118419.html

O proxecto para a creación dun novo medio en galego busca apoios nas principais cidades de Galicia


A iniciativa de comunicación Sermos Galiza, que busca recursos de todo tipo para o lanzamento dun semanario en papel e dun diario dixital en galego, presentouse xa en Santiago, no Festigal e na Coruña. Agora estanse a preparar xa novas sesións en Vigo (o 29 de setembro) e en Santiago (o 4 de outubro).
Máis información en:

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, unha guía de conduta para vivirmos en galego


A editorial Xerais publicou este verán un interesante libro para as persoas defensoras da nosa lingua. Trátase da obra de Carlos Callón Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. O autor defínea como unha guía de conduta para vivir na nosa lingua e defendela co uso. Tras unha parte introdutoria na que se dan pautas para superar as eivas psicolóxicas que nos impiden empregar con naturalidade a nosa lingua, o libro estrutúrase en capítulos dedicados a diferentes sectores (administracións públicas, ensino, consumo, etc.) nos que podemos exercer tranquilamente os nosos dereitos como falantes de galego. Inclúe, ademais, un anexo con diversos modelos de solicitudes para reivindicar os nosos dereitos lingüísticos.
O libro acaba de comezar o percorrido de presentacións por toda Galicia. Estivo inicialmente no Festigal, e despois en diversas localidades como Lalín, Carballo, Pontedeume ou Ponteceso; e o vindeiro 5 de outubro presentarase de novo en Santiago de Compostela. Será ás 20:30 horas no restaurante O Dezaseis (rúa de San Pedro, 16), e contará coa presenza de Francisco Rodríguez, Ramón Mariño Paz, Noelia Fernández Sánchez, Manuel Bragado e Carlos Callón.
Máis información en:
http://www.amesanl.org/noticias/noticia_tipo.asp?IDNOTICIA=1940

Os editores preparan unha plataforma de contidos dixitais en lingua galega


Manuel Bragado, director de Edicións Xerais e presidente da Asociación Galega de Editores, adiantou que nas vindeiras semanas os editores abrirán unha plataforma de contidos dixitais en lingua galega.

            Máis información en:

http://codigocero.com/Os-editores-preparan-unha

O galego sumouse á celebración do Día Europeo das Linguas


Europa é un continente plurilingüe e Galicia achega, nese contexto, un elemento valioso para a súa diversidade: o galego. Co fin de poñer en valor e de dar a coñecer esta riqueza, cada 26 de setembro, desde 2001, conmemórase o Día Europeo das Linguas.
Máis información en:
http://www.xunta.es/linguagalega/dia_europeo_das_linguas_linguas_para_o_emprego

Nace o Observatorio Europeo das Linguas


Este proxecto sobre multilingüismo e política lingüística cofinanciado pola UE presentou o seu sitio web: www.poliglotti4.eu. Este portal será o punto de referencia en liña para o multilingüismo en Europa e a base para un observatorio de multilingüismo que compilará e difundirá boas prácticas no ámbito da política lingüística e a aprendizaxe de idiomas. O observatorio de multilingüismo en liña recollerá e mostrará información sobre:
·         factores de motivación, obxectivos e práctica do multilingüismo en varios sectores da sociedade civil;
·         mellores prácticas no desenvolvemento e execución da política de multilingüismo;
·         ferramentas para o multilingüismo.
Máis información en:

http://www10.gencat.cat/pres_casa_llengues/AppJava/frontend/noticies_detall.jsp?id=392&idioma=1