No terceiro trimestre de 2014 o saldo vexetativo foi de -1.663 persoas.
O saldo vexetativo de Galicia no terceiro trimestre de 2014 arroxou un
resultado negativo en 1.663 persoas. Un dato que confirma o declive poboacional que sofre o país desde os anos noventa.
Segundo o Instituto Galego de Estatística (IGE), entre xullo e setembro do pasado ano naceron en Galicia 4.992 persoas e faleceron 6.655, cun balance máis equilibrado nas provincias da Coruña e Pontevedra, sobre todo esta, aínda que negativo en todas elas.
A provincia con peor saldo foi A Coruña, cun diferencial de 623.
Síguelle Lugo con -543, Ourense con -486 e Pontevedra que é a provincia
que mellor resiste aínda que tivo un diferencial negativo de -7.
Ningún comentario:
Publicar un comentario