MÚSICA EN GALEGO
Pontevedra acollerá do 13 ao 16 de maio actuacións de solistas e
conxuntos de diferentes traxectorias e estilos que apostan por se
expresar no idioma propio. Actuacións ao vivo, gratuitas e en diferentes
localizacións da cidade.
Antón Reixa chamaba -aló polos principios dos 90- a fundar unha
Internacional de grupos que “cantamos en raro”, unha federación
inter-solidaria de conxuntos que se expresaban en linguas ‘minorizas’
fose esta o galego, o euscaro, o gaélico ou o tamazight. A idea non
prosperou, o mundo cambio abondo mais cantar en galego segue a ser -para
moit@s- cantar “en raro”. Para rachar con iso naceu o Galegote en Pontevedra, impulsado pola Concellería de Normalización Lingüística e que este ano chega á súa IV edición.
O Galegote deste 2015 decorrerá do 12 ao 16 de maio e permitirá gozar nos escenarios de cantantas e grupos de estilos distintos e variados: De Narf e Caxade a Superoito e Martelo, pasando polo Leo i Arremecaghoná e Os Amigos dos Músicos. O jazz terá o seu protagonismo con David Regueiro Swingtet. Querido extraño e Mike Grelo conforman a representación local.
Ademais, dous grupos portugueses (The
birds are indie e A Jigsaw) súmanse a esta quinta edición, que
decorrerá en diferentes emprazamentos da cidade e será con carácter
gratuíto para así achegar a música en galego ao maior número de persoas
posíbeis.
Sala Karma, El Pequeño, Cervecería
Trueque, La Gramola, O Grifón, Lusco e Fusco, ademais da Praza de Méndez
Núñez e a de Cinco Rúas serán os escenarios da iniciativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario