A Consellaría de Educación aceptou a proposta da CIG-Ensino xunto coa de permitir o acceso do profesorado interino ás licenzas de formación.
A Mesa sectorial de Educación decorida na terza feira reuniu as organizacións sindicais e @s representantes do gobeno galego. Riba da mesa a aplicación da LOMCE e do decreto que desenvolve a nova política educativa, nomeadamente en relación aos currículos escolares do ensino secundario e bacharelato.Após expor o seu rexeitamento á nova norma e demandar a súa retirada por afondar nun ensino "mercantilista" e "privatizador", desde a CIG-Ensino arrincáronlle dous compromisos á Consellaría de Educación: ampliar unha hora máis o estudo de Filosofía no primeiro curso de Bacharelato e a posibilidade de que o profesorado interino acceda ás licenzas de formación no vindeiro curso (2015-2016). A respeito das licenzas de formación a central sindical denunciou a "drástica redución" destas horas desde 2012 pasando de 1.450 o cómputo total a apenas 500 nos dous últimos cursos.
Na xuntanza, a organización sindical maioritaria expuxo ao conselleiro, Román Rodríguez, o seu rexeitamento ás reválidas que atinxirán o estudantado de Primaria, Secundaria e Bacharelato por supor a "supresión na práctica da avaliación contua". Estas probas comezarán a aplicarse este curso entre o alumnado de 3º de Primaria e afectarán a 22 mil estudantes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario