Nin é unha "Lei de emprego público Galego", nin recolle aspectos que para a nosa central sindical son básicos para recuperar os servizos públicos, o emprego público ou os dereitos sociais e laborais das e dos empregados públicos.
A CIG-Ensino xunto coas federacións que
constitúen a Área Pública da CIG convocan unha concentración diante do
Parlamento Galego este 28 de abril ás 12 horas con motivo da votación do
texto definitivo da Lei de Emprego Público Galego. A concentración ten
como fin amosar publicamente, unha vez máis, o rexeitamento a totalidade
de esa Lei, rexeitamento xa manifestado nos diferentes momentos de
tramitación que tivo a referida Lei. De feito xa temos demandado, por
escrito e en sucesivas xuntanzas coa administración, a súa retirada
porque nin é unha "Lei de emprego público Galego", nin recolle aspectos
que para a nosa central sindical son básicos para recuperar os servizos
públicos, o emprego público ou os dereitos sociais e laborais das e dos
empregados públicos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario