O programa PADRE, que facilita a Axencia Tributaria, non permite a utilización da lingua propia e oficial de Galiza. A Mesa denuncia o que cualifica de ''obstaculizar o dereito das persoas" a facer a declaración da renda en galego''.
Comeza a campaña da declaración da renda 2014 e con ela, máis unha vez, a dificultade para cumprir en galego con esa obriga. Veno de denunciar A Mesa, que comprobou como o programa PADRE dispoñibilizado pola Axencia Tributaria na súa páxina web non contempla a opción de utilizar a lingua propia e oficial de Galiza, o que supón “obstaculizar o dereito da cidadanía a facer a declaración da renda en galego”.“Este non é un feito illado”, afirma a plataforma, senón a constatación dunha liña que mantén a Axencia Tributaria “de costas á realidade lingüísitica de Galiza”. A Mesa di que son frecuentes as queixas e denuncias contra esta administración “pola vulneración dos dereitos lingüísticos da cidadanía”, e lembrou que mesmo multou a Mesa tras reclamar a entidade en defensa do idioma remisión dunha notificación en galego. Petición á que tiña en base ao o artigo 36.1 da Lei 30/1992:
Denuncia perante diferentes entidades e organismos
O presidente da asociación, Marcos Maceira, di que “non se pode consentir que unha administración do Estado, que ten que dar exemplo no cumprimento da legalidade, sexa a primeira en negar dereitos e mesmo en utilizar a coacción para evitar o exercicio do dereito a realizar os procedementos na lingua de elección, se esta é a galega, máis cando se trata dun trámite obrigatorio como é a declaración anual da renda”. Maceira lembrou como esta actitude xa foi denunciada en setembro diante do Comité de Expertos que avalia o cumprimento da Carta Europea das Linguas, que Facenda incumpre sistematicamente.
A Mesa dirixiuse tanto ao Ministerio de Facenda e Administarcións Públicas como ao Valedor do Pobo e á Secretaría Xeral de Política Lingüísitica para que corrixan de xeito inmediato esta situación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario