As
innovadoras
fórmulas de facer tecnoloxía e
preparar innovación
inauguradas en 2013 polo Parque
Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) van ter continuidade
cunha terceira entrega en 2015 (e as que veñan). Falamos do
Tecnópole Technological Workshop
(T2W), para entendernos o Campamento Tecnolóxico do Verán da
Tecnópole, unha proposta a medio camiño entre seminario de
coñecemento avanzado e actividade estival de lecer para
rapaces que colle o
mellor dos dous formatos sen diminuír o seu alcance, máis ben o
contrario. A nova edición do campamento vén de abrir o seu prazo de
inscrición, e a súa apertura oficial está prevista para o vindeiro
mes de xullo. A Tecnópole lémbranos unha vez máis que a proposta é
única en Galicia. Respecto ao seu papel no eido estatal, senón é
única pouco lle falta.
Este
ano o campamento coincide co
décimo aniversario da Galiciencia, o
que significa (entre outras cousas) que
os dous equipos de alumnos que presenten os mellores proxectos terán
asegurado un emprazamento
propio para amosalos
ao público durante esta edición especial da feira, que se celebrará
en novembro.
O
campamento celebrase
entre o 1 e o 14 de xullo e estará dirixido a 40 rapaces e rapazas
de entre 12 e 18 anos. Todos os participantes traballarán no
desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos con diferentes graos de
complexidade en función das súas idades. “Para facelo posíbel”,
sinala a Tecnópole,
“o programa incluirá nocións sobre o deseño de aplicacións
móbiles e videoxogos, edición fotográfica e de vídeo,
creatividade, biotecnoloxía, etc”. Segundo
engade a organización, este
ano “a actividade estrela” será a robótica, con sesións de
formación todos os días do campamento.
Respecto
de a quen se dirixe o campamento, a Tecnópole lembra que aínda que
a inscrición estea aberta a
estudantes de toda Galicia sen restricións, “a proximidade
xeográfica recomenda a actividade para persoas que residen ou mesmo
que pasan o verán na provincia de Ourense”.
Un
dos grandes obxectivos da actividade, extensíbel a todas as idades,
é fomentar o desenvolvemento da capacidade
resolutiva e innovadora e incidir
na dinamización da axilidade mental e da creatividade. Ademais,
sinala a Tecnópole, “trátase de
procurar que os alumnos e alumnas adquiran novos coñecementos
tecnolóxicos, de potenciar
neles actitudes como o respecto mutuo, a colaboración e a
socialización, xunto con habilidades relacionadas con falar ben en
público e a práctica do inglés”.
Todas
as actividades desenvolveranse
en equipo, mediante a formación de grupos de rapaces da mesma idade,
aos que se estimulará para conseguir a organización interna que
lles permita desenvolver habilidades sociais a través da discusión
dos proxectos, fomentando ao mesmo tempo o respecto entre os
compañeiros e o traballo en equipo. “Dado que se trata dunha
actividade integrada no tempo de vacacións dos participantes”,
explica a
organización,
“tratarase de fomentar a aprendizaxe a través do xogo, potenciando
a creatividade e baseándose nas emocións e experiencias persoais”.
Polo tanto, durante
o campamento os participantes practicarán actividades deportivas en
equipo ao aire libre, como a natación, o tenis ou o atletismo.
O
custo por participante será de 260 euros con todo incluído, dende o
transporte dende varios puntos da cidade de Ourense ata a comida e
todas as actividades. A preinscrición está xa aberta na web
t2w.tecnopole.es.
Ningún comentario:
Publicar un comentario