A secretaria de estado de educación, Montserrat Gomendio, acérrima defensora do ministro Wert e as súas políticas franquistas de educación, pasará a ser a directora xeral adxunta de Educación na OCDE, posto polo que cobrará ao redor de 10.000 euros ao mes.
Montserrat Gomendio "xogou un papel relevante na reforma educativa".
Con estas palabras gababa o ministro Wert ao seu número dous, e é que Montserrat Gomendio foi unha peza fundamental para o ministro. Non só foi unha das impulsoras da LOMCE, senón que tamén foi a cara pública do Ministerio de Educación para intentar vender ante a opinión pública a privatización da universidade pública e o decreto 3 +2 que pretende expulsar economicamente aos fillos dos traballadores da universidade.
Esta multimillonaria, cuxo patrimonio declarado ascende aos 14,5 millóns de euros non ten absolutamente ningún problema en facer recorte tras recorte á educación pública. Os 400 euros de matrícula na FP, a subida de ata un 66% das taxas universitarias, o recorte das bolsas, os máis de 30.000 profesores despedidos en medias e universidade e os máis de 45.000 estudantes expulsados da universidade por non poder facer fronte ao custo dos estudos son só algúns exemplos.
Mentiras e enganos para seguir mantendo os seus privilexios.
Tras a explosión que houbo coa aprobación encuberta do decreto 3 +2, Montserrat Gomendio saíu publicamente afirmando que o sistema universitario actual é insostible porque as taxas son demasiado baratas e a selección de alumnos pouco estrita. Que mentira máis grande! Si o diñeiro dos traballadores se empregase en educación e non en rescatar bancos ou estradas e facer amnistías fiscais para os seus amigos, a universidade pública sería perfectamente sostible.
De feito, unha das propostas impulsadas por esta nostálxica do franquismo, é a das chamadas "bolsas-préstamo", hipotecas encubridas para os mozos que queremos acceder á universidade. En vez de dar máis bolsas e baixar as taxas para que os fillos dos traballadores poidamos ir á universidade, esta multimillonaria, que non sabe o que é non poder estudar por non ter diñeiro, pretende coarnos hipotecas para seguir lucrando aos bancos a custa do noso esforzo e de paso impedirnos o acceso á universidade.
10.000 euros ao mes para seguir a política de recortes e privatización da educación
Esa é a cantidade que percibirá como directora adxunta da OCDE, organismo responsable entre outras cousas do Informe Pisa que volverá levarse a cabo este ano entre máis dos 40.000 mozos de 15 anos de todo o Estado. A principios do curso, a OCDE fixo público un informe no que denunciaba que os salarios dos profesores no Estado Español son moi altos e que esta era unha causa dos problemas da educación. Igualmente insistía na idea de que o número de alumnos por aula está por debaixo da media europea. Estas afirmacións son toda unha declaración de intencións para o futuro. Neste sentido, alguén como Monserrat Gomendio, unha fanática das privatizacións, que non ten absolutamente ningún escrúpulo en impoñer políticas de austeridade e en saír a defendelas ferventemente con mentiras e insultos se é necesario, encaixaba perfectamente no posto. De feito o seu no seu novo posto na OCDE traballará coa dirección deste organismo para avalar as orientacións estratéxicas da Secretaría Xeral na área de educación e para construír institucións educativas "eficientes" para facer posibles as reformas necesarias.
O recorte de 100 euros ao mes ás bolsas Erasmus é un exemplo moi significativo da pouca vergoña que ten esta señora á hora de xustificar publicamente os recortes do goberno, acusando a cantidade de 100 euros como "non determinante". Para unha multimillonaria claro que 100 euros non son determinantes, pero para unha familia traballadora en moitos casos marcan a diferenza entre chegar co fin de mes ou non!

Ningún comentario:
Publicar un comentario